viernes, 1 de agosto de 2014

Un trasno chamado Carloncho

O meu prezado amigo Carlos Penelas [Carlos Tomás Penelas Abad] é unha das grandes figuras da literatura arxentina. O seu amplo e recoñecido labor creativo en prosa e verso non se tiñamergullado no apartado da narrativa infantil.


Agora o avó Penelas sinte que ten a responsabilidadede non deixar esquecida a orixe que vén das parroquias –-materna e paterna--- de Santo André deRante e de San Xulián de Coirós. Hai uns días que “Dunken” –-importante selo editorial porteño---publicou El trasno de Espenuca que vai dedicado aos netos do autor, Ampi e Lauti.

Quero aproveitar que o meu amigo ten liña direta co trasno para pedirlle que o convenza deque é necesaria unha actuación persoal na sede social do Centro Galego de Bos Aires en Belgrano e Pasco. Coido que a recuperación do Centro Galego será efectiva se don Trasno da Espenuca faiunha cura espiritual no espazo físico onde morreu Alfonso Rodríguez Castelao. Aquela esquina noné unha máis da capital porteña. Alí están ben gardadiñas as emocións de milleiros de emigrantesxenerosos que puxeron o corazón ao servizo da súa benquerida nai Galicia.

(Fragmento de un artículo publicado en diversos medios de Galicia por Manuel Suárez Suárez)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Taller literario