Carlos Penelas estreará 2017 cun novo libro de poesía

by - jueves, diciembre 22, 2016

A Editorial Dunken ten no prelo, para sacar o vindeiro ano, un novo libro de Carlos Penelas, poeta, ensaísta e colaborador de Xornal de Betanzos. O mesmo selo xa publicou, entre outros títulos, “Antología personal” (2010) e “Poesía reunida” (2012). O poemario leva en tapa a reprodución da obra “O descanso do Amor”, de Alfredo Plank e un estudo preliminar da profesora en Letras Marita Rodríguez-Cazaux, que introduce deste xeito na contracapa do volume o novo libro do Príncipe de Espenuca.

Xornal de Betanzos

You May Also Like

0 comentarios